domingo, 18 de marzo de 2012

Para ser mestra hoxe

Ingredientes para ser mestra hoxe:
  • Imprescindible 500 kg de paciencia (poden ser precisos máis, depende da especialidade escollida)
  • 250 g de facilidade de palabra para que o díficil pareza sinxelo
  • 1 tonelada de vocación
  • 1 tonelada de comprensión 
  • Dinamismo  e creatividade (sen medida, canto máis mellor)
  • 350 g de optimismo
  • 400 g de autoestima (se non se cree no que se fai non obterás bós resultados)
  • 500 g de improvisación ( os alumnos son ingredentes que non se saben como van a reaccionar cando se mezclan con outros ingredentes)
  • Unhas virutas de psicóloga
  • Unha raiadura de enfermeira
  •  100 g de Macgyver (nunca sabes o que vas ter que arranxar ou inventar)
  • Un ordenador con conexión a internet para ter a man moitos recursos  

 Para poder mesturar todos estos ingredientes é preciso estar en posesión do título correspondente, así como ter plaza nunha escola (para min se é pública moito mellor). O recipiente no que imos mezclar os ingredientes debe ser ben grande, pois a paciencia xunto coa improvisación poden levedar moito.

Unha vez preparados todos os ingredientes e os utensilios precisos untar ben o molde coa paciencia, é a base esencial para ser boa maestra. Sen a paciencia podes acabar escapando pola fiestra da reunión cos pais ou saltar do teu asento no medio dun claustro. Posteriormente, mezclar ben a vocación e a comprensión, pois é preciso que non fenda a masa.
 
Mentras a masa toma forma no forno bater enérxicamente o optimismo, a autoestima, as virutas de psicólogam a raiadura dunha enfermeira e os 100 gramos de Macgyber. Hai que bater moito para que a mistura quede ben homoxénea. Este paso é moi delicado (igual que unha maionesa) se non se fai enérxicamente e sin ter en conta todo o refugallo que chega dende diversas partes (administración, políticos, prensa) a crema pode cortarse e non servir para nada. Sí é preciso añadir máis dosis de optimismo e perseverancia para que a crema quede ben rica.

Despois de 20 minutos no forno, sacar a masa xa convertida en biscoito e adornar con toda a crema. Non deixar nada de crema no recipiente, que non se perda nada, todo é aproveitable! Adornar cun ordenador con conexión a internet para que quede ben moderno.  Para que a receta salga ben é importante ter un gran profesor  do que "copiar" unha boa receta

Meter na neveira para que arrefrié e Xa temos a unha boa maestra de hoxe!





Esta receita é orixinal, as fontes empregadas para a súa elaboración sonas da miña propia CPU e experiencia e doutras recetas da rede (tarta de profesora),xa que existen moitas recetas para cociñar unha boa mestra. Proba outra diferente neste enlace  Periódico Edúkt.

No hay comentarios:

Publicar un comentario